jueves, 18 de agosto de 2022

Bases Casa Das Linguas curso 2021-22 e Protocolo Covid para o vindeiro curso

 

BASES  CASAS DAS LINGUAS MARIA BALTEIRA E ESTRADA DA GRANXA


CURSO 2021-2022

1.- Persoas destinatarias.

Persoas empadroadas no Concello de Lugo e nenas/os a partires de 6 anos de idade que deberán de ter cumpridos no momento de inicio da actividade. No caso de persoas non empadroadas terían a opción de matricularse nas prazas vacantes.

2.- Modalidade do servizo, horarios e período de prestación deste.

As actividades levaranse a cabo dende o 27 de setembro ata o 17 de xuño en cada unha das casas das linguas.

3.- Procedemento para a solicitude e concesión do servizo.

O procedemento para a concesión do servizo iniciarase coa solicitude das persoas interesadas durante o período de inscrición entre os días 1 e 14 de setembro  de 2021.

Sorteo das prazas: 15 de setembro. Publicación do listado de persoas admitidas ese día as 15:00h.

As listaxes de persoas admitidas e de listas de espera serán por riguroso sorteo tendo lugar preferente as persoas empadroadas no Concello.

As solicitudes para Casa das Linguas Estrada da Granxa poderanse efectuar presencialmente ou preferiblemente no correo: casa.linguas@lugo.gal

As solicitudes para Casa das Linguas Maria Balteira poderanse efectuar presencialmente ou preferiblemente no correo: casa.linguas.balteira@lugo.gal

Poderanse solicitar varios idiomas pero só se poderá presentar unha solicitude por idioma. No caso de solicitudes duplicadas do mesmo idioma nos dous centros, serán anuladas e non entrarán no sorteo.

4.- Documentación que hai que achegar unha vez admitido:

Unha vez confirmada a praza, deberán de achegar a fotocopia do DNI, folla de inscrición cuberta, unha fotografía tamaño carné e o xustificante do pago de taxas que serán 30,90€ para adultos e maiores de 14 anos, para as nenas e nenos ata esa idade a actividade será gratuíta; no caso de menores de idade,  achegarase o DNI do pai/nai ou titor legal que realice a solicitude, folla de inscrición cuberta, unha fotografía tamaño carné e a autorización da toma de imaxes.

5.- Pago de Taxas.

Adultos e maiores de 14 anos: deberán abonar 30,90€ por idioma en concepto de matrícula para o curso anual.

Modelo 503 para as taxas de pago: o modelo do impreso para o pago pódese recoller nos centros das Casas Das Linguas xa impreso ou ben descargalo da páxina Web do Concello ou no Blog da Casa Das Linguas, no caso de descarga do documento, deberanse imprimir 3 copias do mesmo arquivo (ca mesma numeración):

LINK MODELO 407

·         Exemplar para o solicitante.

·         Exemplar para o banco.

·         Exemplar para entregar no centro da Casa Das Linguas

Non se considerará matriculada a persoa que non teña presentado o xustificante de pago.

6.- Concesión.

O día 15 de setembro as 15:00, publicarase o listado de persoas admitidas en cada unha das Casas das Linguas e no Blog (no caso de menores de idade darase información da adxudicación no servizo 010 ou nos centros directamente por protección de datos). As persoas admitidas terán que aportar a documentación necesaria para realizar a formalización da matrícula entre o 16 e 24 de setembro de 2021.

Para Casa das Linguas Estrada da Granxa poderanse efectuar presencialmente ou preferiblemente no correo: casa.linguas@lugo.gal

Para Casa das Linguas Maria Balteira poderanse efectuar presencialmente ou preferiblemente no correo:  casa.linguas.balteira@lugo.gal

Inicio das actividades: luns 27 de setembro de 2021.

No suposto de que algunha das persoas admitidas incumpran as obrigas de asistencia sen a xustificación oportuna (máis de 4 faltas sen xustificación), causará baixa na actividade solicitada, sendo cuberta a praza, se existe listaxe de reservas, segundo a orde establecida na listaxe de reserva.

PROTOCOLO COVID-19

·         Será obrigatorio o uso da máscara en todo momento no interior das instalacións das Casas Das Linguas e o uso do xel desinfectante colocado nas entradas dos centros das Casas Das Linguas.

·         O usuario das actividades e no caso de menores de idade, o titor/a deberá asinar a carta responsable no que se compromete a NON asistir ou NON enviar ao menor ao centro e manter illamento preventivo domiciliario nos seguintes supostos:

o        Se o alumno/a ten síntomas compatibles coa COVID-19, poñéndose en contacto co centro de saúde asignado e co centro da Casa Das Linguas.

o        Se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19 o alumno/a non poderá acudir ao centro da Casa Das Linguas  ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo.

·         As persoas usuarias das actividades só poderán permanecer no centro durante o horario das actividades. No caso de menores de idade, deberán vir acompañados dun titor/a que agardará a que o/a profesor/a da actividade recolla ao menor na porta do centro, o persoal do centro procederá a toma de temperatura ao menor (non poderá asistir as actividades se supera os 37 grados). O/a profesor/a entregará ao menor na porta do centro a finalización da actividade.

jueves, 19 de mayo de 2022

Día das Letras Galegas na Casa das Linguas

Na Casa das Linguas de Lugo pasamos un marabilloso día celebrando as nosas letras entre versos e historias.

Vivan as Letras Galegas!